DO 4 DE DECEMBRO AO 9 DE XANEIRO

Gran carpa instalada na Avenida de Castelao

Entradas

A pista central do Circo de Nadal de Vigo convírtese nunha gran praza na que calquera cousa pode ocorrer.

Unha nutrida troupe de artistas chegados de países como Rusia, Canadá, Venezuela, Colombia e, por suposto, Galicia, trasladarán ao público a un universo máxico baixo a gran carpa. Equilibrios sobre unha pirámide de cadeiras, bicicleta acrobática, funambulismo, números aéreos, maxia, malabares e unha morea de sorpresas máis irán sucedendo durante os 90 minutos de duración do espectáculo, acompañados de música en directo.

Os personaxes que viven neste lugar, ademais de facer cousas inimaxinables, tamén terán que escribir a súa carta. Algúns aos Reis Magos, outros a Santa Claus ou ao Apalpador… ou quizáis ás súas familias, se é que están lonxe da casa e queren sentirse preto nestas datas. O que si está seguro é que ninguén quedará sen o seu agasallo.

E vós? Xa escribistes a vosa carta? Podedes traela senón ao buzón máxico deste lugar tan especial. Asegurámosvos que ten conexión directa e de seguro chegará ao seu destino.

Horarios de funcións

Funcions escolares e prezos especiais para grupos en info@culturinvest.com e no 696 142 224

Pide un dexexo!

social media